Incio  
O espazo miramemira
 
Exposicións
Ian Waelder en Xtrart Ian Waelder en Dardo News Ian Waelder en Atalaia
Actividades
 

O traballo de Ian Waelder (Madrid, 1993) bebe da fotografía como necesidade. Sen o lastre dunha intención plástica que a priori condicione o seu xeito de disparar, tira das instantáneas que marcaron e rexistraron épocas que asociamos inevitablemente cos seus captadores, coa ollada das figuras que as inmortalizaron. Tira do subcultural como campo no que se desenvolve como individuo.
Obsesivo coas súas ferramentas de traballo, semella que no analóxico é no campo no que Waelder atopa a razón para captar o instante. Éstas convértense, máis que no medio, na razón. O risco do revelado, a posibilidade de que a imaxe non corresponda co pretendido e toda unha serie de probables incidentes que o dixital fixo esquecer é a fina liña pola que este artista transita.
De influencias concretas indeterminadas, á súa curta ideade, Ian Waelder cata de tódalas fontes que a música, a literatura ou as artes plásticas lle brindan. A súa cidade chea de turistas ou a xente que o rodea polas rúas polas que a diario transita son os protagonistas dunha ollada sucia, dun desinterese pola pulcritude do resultado.
Conta Ian como se uniu a unha compañía de circo que pasou por Palma de Mallorca, viaxando con eles ata Alemaña e volvendo á casa cando comezaba de novo o curso escolar. Ian Waelder simplemente ten algo que contar e pouco a pouco o seu xeito de contalo vaise definindo. Probablemente esa sexa a maior das carencias do crecente número de estudantes de artes, a falta de algo que dicir.

O traballo comeza a dar uns interesantes resultados. Con imaxes producidas de maneira industrial, as súas fotografías perden en ocasións o papel principal e dispóñense fracturadas, pregadas ou mesmo ocultas entre armazóns de madeira que pretenden esa tridimensionalidade que a fotografía loita dende as orixes por acadar.
Sobres pechados que por medio do correo ordinario chegan ao espazo expositivo e que agochan no seu interior a imaxe dobrada en tantas partes como sexa preciso.
Tralo despregue, disposta sobre a parede, comeza a viaxe de desgaste que a vai levar aos diferentes espazos polos que transite, acumulando sobres dentro de sobres que relatan a memoria feble da súa peregrinación.
Abrir, pechar, pregar ou despregar son as accións que caracterizan esta viaxe. A intención é ben simple, contar algo dun xeito desenfadado e coa vitalidade dun rapaz de vinte anos que sae ás rúas -ben sobre un skate ou tralo visor dunha cámara fotográfica- para rexistrar o que a súa xeración aínda non foi quen de analizar. Tampouco hai moito máis que teorizar, non é o obxectivo noso fixar as pautas dun traballo que está arrancando. Que non fixo máis que comezar.

 
Contacto
 
 
Exposición dentro da programación de
 
 
 
 
facebook espazomiramemira inicio inicio inicio inicio inicio actividades contacto exposicións o espazo o espazo o espazo exposicións o espazo actividades exposicións actividades actividades actividades contacto contacto contacto contacto contacto