Incio  
O espazo miramemira  
Exposicións
Actividades
Contacto

En Play Time (1967) Jacques Tati transforma o atasco nunha rotonda nun tiovivo, os coches dan voltas sen parar, incapaces de saír dun bucle que produce o xiro da modernidade, un ano despois, en The Party de Blake Edwards, Peter Sellers tras conseguir que a cisterna do baño deixe de votar auga o tolo, tira do rolo de papel hixiénico e comeza a dar voltas sobre si mesmo durante 35’’ baixo a mirada atónita do actor, e en 1969 o artista americano Richard Serra realiza Hand Catching Lead no que durante tres minutos unha man intenta coller un trozo de chumbo que atravesa a pantalla de arriba a abaixo. Esto último non ten gracia, sen embargo a repetición é o centro de algo que se resolve en nada.

Estas formas de relacionarse co tempo son as que veremos en “ARisaProvénDunhaEsperaQueSubitamenteSeResolveEnNada”, nos videos de David Crespo , Ignacio García, Ana Gesto, Liam O’Callagham e Diego Vites. Desde a apropiación, o banal, o cotiá, ou a sustitución dun significante que corre tras o xiro humorístico.

Este xiro humorístico do que falamos poderíase encuadrar dentro do proceso de domesticación do vídeo que si ben comeza coa aparición das primeiras cámaras domésticas, exténdese a partir dos finais dos noventa co abaratamento do dixital e a extensión de internet, incluso se non temos vídeo poderíamos apropiarnos de millóns de imaxes que circulan por a rede, e construir sen sequera manipulalas, unha nova subxectividade.

Ao mesmo tempo a produción, que vai desde a grabación directa sen aparataxes tecnolóxicos á apropiación de imaxes de Youtube, funciona como un desacralizador da imaxe dos mass media e da reverenciada obra de arte, e como di Carlos Trigueros “…o videortista español, hoxe en día, terá que ser necesariamente un aficcionado…”.

 
 
   
   
   
 
 
 
 

David Crespo (León, 1984) Licenciado en Belas Artes por a Universidade de Vigo.
Realiza proxectos interdisciplinares (fotografía, vídeo, performance) que se moven entre o ridículo e o absurdo. Inspirado na propia cotidianidade, interesalle tomarse a práctica artística coma un acto lúdico que lle serve para relacionar arte e vida. Se a vida non te trata en serio, fai tu o mesmo.

Ignacio García (Tenerife, 1978)Licenciado en Belas Artes por a Universidade de Vigo. Alterna a práctica artística coa actividade curatorial e a docencia. É cofundador de NODE. Center for Curatorial Studies. Berlin. En 2012 crea unha plataforma de difusión de oportunidades para curadores e xestores culturais chamada Callforcurators.com, onde traballa actualmente.

Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978) Licenciada en Belas Artes por a Universidade de Vigo. É performer e artista visual, o seu traballo está a medio camiño entre a performance, o video e a escultura, profundizando no potencial documental do medio performático, nunha obra que acusa unha forte tendencia cara a linguaxe escultórica e a experimentación acústica.

Liam O’Callagham (Ireland,1968) Graduado por Dun Laoghaire College of Art and Design de Dublin. É artista visual, o seu traballo entra nun territorio híbrido entre a escultura a fotografía e o vídeo. Realiza esculturas con obxectos cos que estamos habituados a convivir, ensamblandoos e mostrando así a estructura da súa construcción, invitando de este modo a crear significados que van mais alá das súas partes constituintes.

Diego Vites (O Grove, 1986) Licenciado en Belas Artes por a Universidad de La Laguna. Funda xunto con outros artistas “El Apartamento”, centro de producción situado en Santa Cruz de Tenerife, no 2010 regresa a Galicia onde codirixe o FAC (Furancho de Arte Contemporáneo). A súa obra establece relacións abertas entre a pintura, a instalación, a acción, a escultura e o vídeo nuna construción de realidade deliberadamente mediada por as imaxes da Historia da Arte . 

   
 
facebook espazomiramemira inicio o espazo inicio inicio o espazo inicio Liam O´Callagham Ana Gesto Diego Vites Diego Vites Diego Vites Diego Vites o espazo inicio actividades contacto exposicións o espazo o espazo o espazo Liam O´Callagham Ana Gesto Diego Vites Diego Vites Diego Vites Diego Vites exposicións o espazo actividades exposicións Liam O´Callagham David Crespo Ana Gesto Ignacio García Gómez del Valle actividades exposicións actividades actividades David Crespo web Damian Ucieda Ignacio García Gómez del Valle actividades contacto contacto contacto contacto contacto